O Hórreo camuflado

Pouco lle falta a este hórreo para ser cuberto por unha frondosa capa de hedras. É unha maneira  diferente de amosar as consecuencias do abandono. Quizais a camuflaxe sirva para tapar o seu estado de deterioro. Hai xeitos peores.

Os Hórreos Esqueléticos

Esqueléticos e perdidos no bosque aparece o que queda destes dous hórreos que noutro tempo, seguro, luciron con señorío nesta eira de Ames (A Coruña).

Xesús e os ladróns

Xesús e os ladróns crucificados. Eso parece ser que quixeron emular os operarios que plantaron estes poste do tendido electrico a beira deste bonito cruceiro. Fixádevos que no altar meteron en gancho para suxeitar, mediante un tensor,  un dos elementos. Penoso.

O Horreo con terraza

Con chuleria érguese este hórreo de antre a morea de lixo que alguén pon a sua beira. Lonxe de restarlle importancia, a porcallada que o rodea cama cugumelos ó carballo, fai que a sua bella planta cobre importancia e nos dea avisos da inxusta situación na que se atopa.

O Horreo sen teito

  • Este bonito hórreo, que combina estructura de pedra con duela de madeira, e que é típico de zonas do interior da provincia de A Coruña, perdeu xa o seu tellado e está a piques de quedar só no esquelete. Vese condeado o olvido nun entorno tamén descuidado

O Horreo coxo-2

Outro hóreo coxo. Vese que non hai interese en que se manteña ergueito. Só así se pode entender que lle ofrezan de apoio unha simple muleta feita dun pau de eucalipto. Claro que a sua construción é tan perfecta que, según me contaron, cando perdeu o pe (levoullo por diante un vehiculo pesado) nin se lle moveu unha pedra, que a muleta aí non está soportando peso.

O Horreo abandonado

Este, noutrora señorial  hórreo de seis pes, cain no abandono total e pouco a pouco vai perdendo as suas pedras. Quizais aguén llas estea roubando, sen que se note moito,  para facer un valo ou calquera chapuza.
É típico da Costa da Morte.

O Horreo Engulido

Así aparece engulido este hórreo por unha moderna construcción (...) Non poido escapar (non ten pes) e tivo que deixarse comer por ese mostruo con forma de pallal. É moi antigo, pero eso no librou de estar tellado con plancha de fibrocemento
Tivo sorte este vello hórreo ó ser reconvertido en galiñeiro porque a sua nova función garantelle a permanencia na eira. É dos mais antigos que se poden ver e agora aparece reducido a un simple e cutre poleiro.

O Horreo cuberto

Seguro que os que diseñaron a nave que cobre dende fai pouco o Dolmen de Dombate, tomaron como referencia esta chapuza. Non atino a buscarlle a utilidade a esta obra porque poucas veces a falta de respeto polos hórreos chegou  tan lonxe. Ollade que para realizala levaron por diante os simbolos que o coroaban.

A aldea ecléctica

Vexan a mestura de estilos arquitectónicos nesta, noutrora, bonita aldea de Muxía. Nun primeiro plano un caseto a modo de garaxe construido con restos doutras construcións. Eso danos idea do que se pode facer reciclando cousas que para moitos de nós xa non terían utilidade(.........). Ten o seu toque galeguista.(fíxense na franxa azul que cruza a fachada ó sesgo) Cabe sinalar tamén a súa multiple utilidade. Reparen na goma. eso indícanos que é zona de lavado de coches. En fin, que todo elo vese resaltado por estar ó pé dun señorial hórreo, típico da zona.

Tampouco podemos pasar polo alto esa casa avermellada, que dá un toque de cor  ó conxunto. Destacar que é de nova construción, algo así coma un engadido a outra casa máis antiga.

O Hórreo Coxo

O Hórreo Coxo: Non tivo reparos o propietario en facerlle unha muleta de cemento armado a este bonito e vello hórreo. De paso evita que os veciños llo tiren cando pasen cos tractores polo estreito camiño. Non lle quedará moi ben pero torna da propiedade.

O horreo parede