O Horreo con terraza
Con chuleria érguese este hórreo de antre a morea de lixo que alguén pon a sua beira. Lonxe de restarlle importancia, a porcallada que o rodea cama cugumelos ó carballo, fai que a sua bella planta cobre importancia e nos dea avisos da inxusta situación na que se atopa.
O Horreo sen teito
- Este bonito hórreo, que combina estructura de pedra con duela de madeira, e que é típico de zonas do interior da provincia de A Coruña, perdeu xa o seu tellado e está a piques de quedar só no esquelete. Vese condeado o olvido nun entorno tamén descuidado
O Horreo coxo-2
Outro hóreo coxo. Vese que non hai interese en que se manteña ergueito. Só así se pode entender que lle ofrezan de apoio unha simple muleta feita dun pau de eucalipto. Claro que a sua construción é tan perfecta que, según me contaron, cando perdeu o pe (levoullo por diante un vehiculo pesado) nin se lle moveu unha pedra, que a muleta aí non está soportando peso.
O Horreo abandonado
Este, noutrora señorial hórreo de seis pes, cain no abandono total e pouco a pouco vai perdendo as suas pedras. Quizais aguén llas estea roubando, sen que se note moito, para facer un valo ou calquera chapuza.
É típico da Costa da Morte.
É típico da Costa da Morte.
O Horreo Engulido
Así aparece engulido este hórreo por unha moderna construcción (...) Non poido escapar (non ten pes) e tivo que deixarse comer por ese mostruo con forma de pallal. É moi antigo, pero eso no librou de estar tellado con plancha de fibrocemento
O Horreo cuberto
Seguro que os que diseñaron a nave que cobre dende fai pouco o Dolmen de Dombate, tomaron como referencia esta chapuza. Non atino a buscarlle a utilidade a esta obra porque poucas veces a falta de respeto polos hórreos chegou tan lonxe. Ollade que para realizala levaron por diante os simbolos que o coroaban.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)