Vexan a mestura de estilos arquitectónicos nesta, noutrora, bonita aldea de Muxía. Nun primeiro plano un caseto a modo de garaxe construido con restos doutras construcións. Eso danos idea do que se pode facer reciclando cousas que para moitos de nós xa non terían utilidade(.........). Ten o seu toque galeguista.(fíxense na franxa azul que cruza a fachada ó sesgo) Cabe sinalar tamén a súa multiple utilidade. Reparen na goma. eso indícanos que é zona de lavado de coches. En fin, que todo elo vese resaltado por estar ó pé dun señorial hórreo, típico da zona.
Tampouco podemos pasar polo alto esa casa avermellada, que dá un toque de cor ó conxunto. Destacar que é de nova construción, algo así coma un engadido a outra casa máis antiga.